jueves, 15 de mayo de 2014

Cronica

Un domingo mais os de “Paso Miúdo” volvémonos a xuntar para ir a facer sendeirismo.

Polas 8:00 da mañá saímos de Ferreira con destino a Tapia de Casariego para participar no III Encontro Astur-Galaico .

Cando chegamos a La Roda xa estaban esperándonos (aínda que non erámolos últimos)

Polas 9:30 comezámola ruta unhas 300 persoas con unha subida suave ata o Pico Faro dende onde se contemplan unhas fermosas vistas de toda a mariña e tamén onde cada ano os organizadores do evento fan o Belén de Cumbres.

Dende aquí comezámolo descenso por camiños de monte e pistas ata chegar a praia de Porcía logo de seguila costa e pasar por sitios como: la Senra del Mar( onde se pode ver o domen de “Peneidrada”), El Ribeiro dos Molios, O cemiterio de Salave ( que data do ano 1835), Lagos de Silva (explotación aurífera no tempo dos romanos), Represas, Barrio de San Martín e chegamos a o porto dando así por finalizado o noso recorrido.

Despois de despedirnos dos grupos e quedar para outubro no IV Encontro Astur-Galaico que imos a facer en O Valadouro, marchamos ata a área recreativa de Casariego onde xantamos antes de chegar de volta a Ferreira polas 6 da tarde.

Vémonos e Allariz

Angel Rivas